Artes vivas - Bienal de Pontevedra
Bienal de Artes Vivas de Pontevedra
A Bienal de Artes Vivas de Pontevedra impúlsase como un espazo específico para as prácticas vivas e contemporáneas, en diálogo directo co proxecto xeral da Bienal de Pontevedra.
Co título Nas marxes e comisariada por Iñaki Martínez Antelo, a edición de 2026 reúne propostas que transitan entre a performance, a danza, as artes escénicas e a música, e ofrecerá un contacto directo coas prácticas máis actuais da escena e da creación contemporánea.
A súa programación aposta pola hibridación de linguaxes, pola escoita e polo acontecemento vivo como modos de activar novas miradas sobre a contorna e sobre quen o habita.