03/07/2026
18:00 h e 20:00 h
Igrexa
60 minutos
Estrea en Galicia
<em>La fuerza de la gravedad</em>
Crédito: Nora Lezano
La fuerza de la gravedad

MARTÍN FLORES CÁRDENAS (CASA TEATRO ESTUDIO)

Teatro

Despois de anos sen verse, unha actriz e un director de teatro deciden volver traballar xuntos cunha condición: deixar atrás os vicios que noutrora fracturaron a súa relación. A peza articúlase ao redor dunha idea de coexistencia forzada, onde unha mesma forza sostén e agrupa a infinita diversidade que atravesa o ser humano (ricos, pobres, maricas, paquis, peronistas, gorilas, zurdos, demócratas, republicanos, israelís, palestinos...) e as formas de vida de animais, insectos, centenares, miles, millóns de especies, vexetación, organismos de calquera tipo, seres microscópicos… todos á vez expostos e vinculados na súa relación con aquilo que é o outro. Nese campo compartido, o vivo vese atravesado por relacións de dependencia, conflito e exposición mutua. Unha lóxica que organiza o material e tamén estrutura o simbólico, un territorio común que se comparte, se invade e se conquista.

O arxentino Martín Flores Cárdenas é director e dramaturgo. Os seus textos foron traducidos a distintos idiomas e estreáronse en teatros e festivais da Arxentina, Alemaña, Bélxica, Francia, Suíza, Polonia, Italia, Estados Unidos, Grecia, España, Portugal, Brasil, México, Uruguai, Chile e Perú. Recibiu recoñecementos coma os Premios Teatro do Mundo e foi nomeado aos premios ACE, Martín Fierro, Florencio Sánchez e Trinidad Guevara. Entre os seus traballos máis recentes atópanse No hay banda, Love me (cocreado xunto a Marina Otero) e La fuerza de la gravedad, todos concibidos e estreados en Casa Teatro Estudio, espazo que xestiona co escenógrafo brasileiro Ruslan Alastair Silva.

Crédito: Nora Lezano

Ficha Técnica

Interpretación: Laura López Moyano

Deseño de iluminación: Matías Sendón

Deseño espacial: Ruslan Alastair Silva

Música: Martín Flores Cárdenas

Colaboración en vestiario: Lara Sol Gaudini

Colaboración en música: Maga Clavijo

Colaboración en texto: Tomás Masariche

Produción xeral: Casa Teatro Estudio

Dramaturxia e dirección: Martín Flores Cárdenas