09/07/2026
19:00 h
Igrexa
40 minutos
<em>Angelical</em>
Crédito: Helena Garriga
Angelical

MARÍA JURADO

Danza/performance

En colaboración con TNT-Terrasa Noves Tendències

Angelical parte da figura do anxo como símbolo desde o que pensar a nosa relación co presente: un ser que observa, acompaña e dá testemuño da realidade sen intervir. Esta condición de visibilidade sen acción convértese nunha metáfora do suxeito e da e do artista contemporáneo, atrapados nunha época que exalta a exposición constante, a neutralidade e o "bo comportamento", o que algunhas persoas denominaron "a sociedade da transparencia" ou "o imperio do ben". O proxecto complétase coa exploración do reverso do anxelical, o abxecto, aquilo que rexeitamos de nós e que a cultura expulsa para soster unha aparencia de pureza e transparencia. Angelical estrearase en setembro no festival TNT-Terrasa Noves Tendències.

María Jurado é artista, coreógrafa, performer e investigadora nos límites entre a danza conceptual e a performance, cunha mirada singular en cada creación e cun interese constante por explorar os límites do formato. No 2022 estreou Black Sun no Festival Grec, e a súa segunda peza, Spooky, presentouse en numerosos espazos do territorio español. Actualmente, é compañía residente, xunto a David Corral, na Nau Ivanow e El Graner (Barcelona).

Crédito: Helena Garriga