02/07/2026
20:00 h
Igrexa
30 minutos
Estrea en Galicia
<em>Microdesfase: desajuste para voz y espacio</em>
Crédito: Rubén Vilanova
Microdesfase: desajuste para voz y espacio

BLANCA TOLSÁ

Danza

Microdesfase é un dispositivo escénico no que dous intérpretes activan a acústica de arquitecturas reverberantes para producir un espazo caleidoscópico mediante a danza e a voz, modulada en vivo. Unha presenza desprega notas que poñen en vibración a sala, mentres a outra modela, en tempo real, a resposta técnica do sistema. Xuntas configuran un organismo expandido no que corpo, son, tecnoloxía e espazo se afectan mutuamente. A peza propón unha experiencia perceptiva múltiple e envolvente, onde o son parece provir tanto do corpo coma do aire que o rodea, dilúe a fronteira entre emisión, eco e reflexo, e convida a habitar un territorio de ilusión auditiva e alteración sensorial.

Blanca Tolsá desenvolve a súa práctica como bailarina e coreógrafa en Barcelona. A súa investigación articúlase ao redor da relación entre voz, movemento e son, e atende de forma específica as súas asincronías. A través das súas pezas, constrúe situacións perceptivas que desprazan o público cara ao ilusorio, ao dislocado e ao disonante. Foi artista residente en centros de creación contemporánea coma La Caldera, Graner, Fabra i Coats, entre outros. Entre os seus traballos destacan Ecoica (2022) e Parafonías (2025). Na actualidade, expande a súa práctica cara a contextos non teatrais e investiga en arquitecturas de alta reverberación.

Crédito: Rubén Vilanova

Ficha Técnica

Voz e movemento: Blanca Tolsá

Son: Finn McLafferty

Deseño sonoro: Albert Tarrats