Sedes

Pazo da Cultura de Pontevedra

Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n

A construción do auditorio e palacio de congresos de Pontevedra planificouse a principios dos anos noventa do século xx como parte dun amplo proxecto urbanístico para o desenvolvemento da zona nordés da cidade, nos terreos gañados ao mar dunha antiga marisma.

O arquitecto Manuel de las Casas foi o gañador do concurso de anteproxectos para a súa construción, que comezou en 1993 e estendeuse en varias fases ata 1998.

De arquitectura contemporánea, o pazo comprende un conxunto de edificios de 10.000 m2 que inclúe unha zona de exposicións, salas de reunións, un auditorio e unha zona de restauración. Trátase dun edificio polivalente que permite utilizar todos os seus espazos ao mesmo tempo.

Desde 1998 é unha das sedes da Bienal de Pontevedra.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais