Obras

Observatorios/nunha paisaxe cun tiro na nuca (2025)

Esta instalación de Christian Villamide consiste en tres estruturas que simulan ser observatorios. Estas distribúense no espazo expositivo de maneira que as e os visitantes poden camiñar e entrar en cada unha delas. A través das paredes de celosía e os ocos estratexicamente colocados, as e os espectadores poderán espiar e observar a escena, e contemplar outros individuos e as súas reaccións. A obra propón unha mirada introspectiva, coma un reflexo noso desde o outro lado do espello. Con esta peza, Villamide expón unha reflexión sobre a hipervixilancia que caracteriza a nosa sociedade tecnolóxica actual, onde constantemente estamos observando e sendo observados. A obra pon en evidencia como, na nosa vida cotiá, exercemos un dominio sobre a contorna e as demais persoas, e como as nosas accións, tanto directas coma indirectas, lle afectan ao noso mundo. Observatorios convídanos a cuestionar a relación de poder que mantemos coa nosa contorna e a confrontar as consecuencias dese control constante.

<em>Observatorios/nunha paisaxe cun tiro na nuca </em>(2025)
Observatorios/nunha paisaxe cun tiro na nuca (2025)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais