Obras

El jardín de las delicias (O xardín das delicias, 2018-2021)

Neste tríptico, Priscilla Dobler Dzul toma o título da obra do Bosco, pintada nun momento en que a colonización de América estaba expandíndose e Europa se enriquecía á custa da expropiación de territorios. A artista responde a este contexto histórico representando criaturas de diversas razas e xéneros, así como obxectos culturais indíxenas para darlle voz ao que se consideraba marxinal e primitivo. Expón un novo modo de pensar o mundo, o corpo e o xénero, a relación con outras especies e outras entidades non humanas. O tríptico divídese en tres escenas: Cielo, Tierra e Infierno (Ceo, terra e inferno). Cielo mostra unha paisaxe onírica chea de cor, praceres sensuais, deidades e figuras inspiradas nos xeroglíficos maias. En Tierra, animais e deidades son atacados por policías armados, o que reflicte unha batalla polo control do xardín. Infierno preséntase en tons grises e brancos, cunha imaxe central que parece desposuída de cor. A pesar da sobriedade da composición, as bolboretas de cores suxiren a posibilidade de redención e transformación.

<em>El jardín de las delicias</em> (O xardín das delicias, 2018-2021)
El jardín de las delicias (O xardín das delicias, 2018-2021)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais