Obras

Alien Beehives (Colmeas alieníxenas) e Alien Bee Masks (Máscaras de abellas alieníxenas, 2021)

Anna Hulacova aborda nestas obras unha das preocupacións máis urxentes do noso tempo: a crise ecolóxica. A colmea convértese nun símbolo da relación entre os seres humanos e a natureza, e da fraxilidade dos ecosistemas. A desaparición dos polinizadores, coma as abellas, pon en evidencia as consecuencias da agricultura intensiva e do uso de pesticidas, elementos que transformaron profundamente o medio. Para as abellas, as cidades son agora un refuxio máis limpo que o campo. Hulačová, ao abordar esta crise, convídanos a reflexionar sobre como os seres humanos alteramos o equilibrio natural, ata o punto de que a extinción dos polinizadores podería transformar o noso mundo nunha paisaxe inhóspita, digna dunha distopía de ciencia ficción. A través das súas esculturas, a artista non só representa as abellas, senón que tamén as converte nunha metáfora da fraxilidade do corpo e da alma humana, ao vinculalas con figuras humanas e estruturas orgánicas. Neste contexto, Hulačová fainos pensar no posthumanismo, onde a relación entre os humanos e outros seres vivos é cada vez máis ambigua. As súas esculturas propoñen unha reflexión profunda sobre a nosa interdependencia coa contorna natural e as posibles consecuencias da nosa desconexión dela.

<em>Alien Beehives</em> (Colmeas alieníxenas) e <em>Alien Bee Masks</em> (Máscaras de  abellas alieníxenas, 2021)
Alien Beehives (Colmeas alieníxenas) e Alien Bee Masks (Máscaras de abellas alieníxenas, 2021)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais