News - Bienal de Pontevedra
News
-
Os comisarios da 33.ª Bienal reúnense en Pontevedra para avanzar na preparación da edición de 2027
Ángel Calvo Ulloa e Juan Canela mantiveron unha xornada de traballo en Pontevedra co vicepresidente da Deputación e co equipo do Museo de Pontevedra para coordinar a folla de ruta dos vindeiros meses.
05/08/2026
-
A primeira Bienal de Artes Vivas de Pontevedra pecha a súa edición inaugural con máis de 2.500 asistentes
O Convento de Santa Clara consolidouse durante once días como un espazo de referencia para a creación contemporánea cun programa que reuniu 22 propostas de artes vivas, 4 estreas absolutas e 14 estreas en Galicia
14/07/2026
-
A Bienal de Artes Vivas inclúe catro estreas absolutas e 14 espectáculos que se presentan por primeira vez en Galicia
O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, presentou a programación completa da primeira edición, que se desenvolverá no Convento de Santa Clara do 2 ao 12 de xullo
04/05/2026
-
A Deputación ponlle o colofón á 32.ª Bienal de Arte coa inauguración de dúas obras de Soledad Penalta e Idoia Cuesta que adquiriu para a Illa das Esculturas
O vicepresidente, Rafa Domínguez, destaca que o acto de hoxe demostra que a bienal non é un evento illado, senón un proxecto ambicioso para a cidade e a provincia
23/04/2026
-
Ángel Calvo Ulloa e Juan Canela serán os comisarios da 33ª Bienal de Pontevedra
A súa proposta foi seleccionada por un xurado presidido pola directora do Museo de Pontevedra e integrado polas especialistas Nuria Enguita (Museo de Arte Contemporáneo de Lisboa/CCB) e Susana González (Centro de Arte Fundación María José Jove)
13/03/2026
-
A Deputación de Pontevedra abre o proceso para seleccionar o comisariado da 33.ª edición da Bienal
A edición de 2027 desenvolverase de maio a agosto, empregando como sedes os edificios do Museo de Pontevedra e incorporando unha sede en Vigo
03/02/2026