O convento de Santa Clara

O convento de Santa Clara

A primeira edición da Bienal de Artes Vivas ten lugar no antigo convento de Santa Clara, un enclave histórico que pertence ao Museo de Pontevedra. Fundado en 1271 e transformado ao longo de sete séculos, Santa Clara é hoxe un espazo en transición: da clausura á apertura, do silencio conventual á activación cultural. As áreas escollidas do conxunto ‍―espazos interiores e exteriores elixidos pola súa singularidade, pola súa acústica, pola súa dimensión e polo seu carácter evocador― ofrecen un marco excepcional para despregar prácticas artísticas que dialoguen co tempo, coa arquitectura e coa memoria do lugar.

O convento de Santa Clara