Obras

Beast Type Song (Canción de tipo besta, 2019)

Sophia Al-Maria parte do poema The Arab Apocalypse, de Etel Adnan, para pensar como se borran e reescriben as identidades. Rodado nun edificio en ruínas en Londres, o traballo presenta a varias interpretes ―entre elas, a propia Al-Maria― que representan escenas marcadas pola tensión entre palabra, xesto e son. Cando a linguaxe non basta, a artista recorre ao corpo, ao debuxo e á música como formas de expresión. Neste traballo, o posthumano aparece tamén como posibilidade: os corpos actúan como arquivos vivos de historias persoais e colectivas, pero tamén como espazos abertos a outras formas de ser e de narrar. A través dunha estrutura non lineal, o vídeo mostra como se herdan historias marcadas pola violencia colonial e como esas memorias se inscriben nos corpos. A obra non busca representar directamente o trauma, senón propoñer novas formas de contar que eviten reproducir o mesmo dano. Nese sentido, Beast Type Song pode lerse como unha fuga dos relatos dominantes, pero tamén como unha exploración do que podería vir despois deles: novas sensibilidades, novas linguaxes; quizais mesmo novas formas de humanidade.

<em>Beast Type Song </em>(Canción de tipo besta, 2019)
Beast Type Song (Canción de tipo besta, 2019)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais