Artistas

Yasmeen Abdullah

Yasmeen Abdullah

O traballo da artista sudanesa Yasmeen Abdullah (1992, Doha, Qatar) explora as interseccións entre pintura, poesía e sentimentos humanos. Voz artística activa na revolución sudanesa, no seu universo creativo os obxectos cotiáns deixan de ser simples elementos funcionais para converterse en receptáculos de historia, emoción e transcendencia. Profundamente influenciada pola obra do poeta palestino Mahmoud Darwish, os seus lenzos abordan cuestións coma o conflito, a reconciliación e a humanidade compartida. A fusión de natureza e interiores é outro dos leitmotivs no seu traballo, que alude á interconexión do noso mundo externo e interno, no que salienta que as fronteiras entre ambos os dous son, a miúdo, máis porosas do que pensamos. A través dos seus lenzos, convida as e os espectadores a reflexionar sobre as capas invisibles que conforman a realidade e sobre as historias que subxacen baixo a superficie do visible, e revela os matices e as sombras que enriquecen a nosa comprensión da vida.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais