Obras
Light Keepers (Gardiáns da luz, 2025)
Na Bienal de Pontevedra, Yasmeen Abdullah explora temas universais coma a conexión humana, o amor e a verdade, e establece un diálogo entre o pasado e o presente, entre as influencias históricas e contemporáneas. Abdullah investiga a nosa capacidade para empatizar, resistir e atopar resiliencia, poñendo énfase na esperanza, na empatía e no altruísmo como motores fundamentais da experiencia humana. A súa proposta inclúe tres pinturas, Light Keepers (Gardiáns da luz, 2025), Layers of the Truth (Think of Others) [Capas da verdade (Pensa nos demais), 2025] e Code to Survival (Love) [Código de supervivencia (Amor), 2025]. En Light Keepers, a artista aborda a figura do "gardián", un individuo ou comunidade que se converte en faro de esperanza en tempos de crise, e resalta a resiliencia e a compaixón como elementos chave para unha sociedade máis solidaria.
