Obras
Code to Survival (Love) [Código de supervivencia (Amor), 2025]
Na Bienal de Pontevedra, Yasmeen Abdullah explora temas universais coma a conexión humana, o amor e a verdade, e establece un diálogo entre o pasado e o presente, entre as influencias históricas e contemporáneas. Abdullah investiga a nosa capacidade para empatizar, resistir e atopar resiliencia, poñendo énfase na esperanza, na empatía e no altruísmo como motores fundamentais da experiencia humana. A súa proposta inclúe tres pinturas, Light Keepers (Gardiáns da luz, 2025), Layers of the Truth (Think of Others) [Capas da verdade (Pensa nos demais), 2025] e Code to Survival (Love) [Código de supervivencia (Amor), 2025]. Code to Survival (Love) presenta o amor como unha forza esencial para a supervivencia humana, utilizando o código Morse como metáfora visual para suxerir que, do mesmo xeito que a comunicación, o amor transcende barreiras físicas e emocionais ao actuar como unha linguaxe universal que nos une.
![<em>Code to Survival (Love) </em>[Código de supervivencia (Amor), 2025]](/documents/34537211/34537412/Code_to_Survival.jpg/d1b106f5-9506-c8c6-d297-8990a1977a62?t=1747811142631)