Obras
Layers of the Truth (Think of Others) [Capas da verdade(Pensa nos demais), 2025]
Na Bienal de Pontevedra, Yasmeen Abdullah explora temas universais coma a conexión humana, o amor e a verdade, e establece un diálogo entre o pasado e o presente, entre as influencias históricas e contemporáneas. Abdullah investiga a nosa capacidade para empatizar, resistir e atopar resiliencia, poñendo énfase na esperanza, na empatía e no altruísmo como motores fundamentais da experiencia humana. A súa proposta inclúe tres pinturas, Light Keepers (Gardiáns da luz, 2025), Layers of the Truth (Think of Others) [Capas da verdade (Pensa nos demais), 2025] e Code to Survival (Love) [Código de supervivencia (Amor), 2025]. Layers of the Truth (Think of Others) convida a mirar máis alá das aparencias para descubrir verdades compartidas e propón que só a través da empatía e do altruísmo podemos recoñecer as vulnerabilidades que nos conectan.
![<em>Layers of the Truth (Think of Others) </em>[Capas da verdade(Pensa nos demais), 2025]](/documents/34537211/34537412/Layers_of_the_Truth.jpg/78d786ed-9170-6470-7732-8e7c49577490?t=1747811004344)