Sedes

Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Rúa da Maestranza, 2

Facultade de Belas Artes de Pontevedra, creada en 1990, foi a primeira do seu tipo en Galicia e unha das grandes apostas culturais do novo mapa universitario impulsado pola autonomía galega. Desde os seus inicios concibiuse como un espazo aberto á experimentación e ao pensamento contemporáneo, e hoxe é unha das facultades máis recoñecidas do contexto artístico universitario español.

Este ano, a facultade convértese nunha das sedes da Bienal de Pontevedra, ao acoller na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, dependente da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Universidade de Vigo), a sección Novos Valores, unha convocatoria histórica vinculada ao Museo de Pontevedra que visibiliza e celebra o talento de novas e novos artistas. A participación activa da Facultade de Belas Artes e da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra reforza o diálogo entre a creación emerxente e a estrutura cultural da cidade, así como o compromiso da bienal coas novas xeracións.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais