Obras
The Bedouin Visual Arquive (O arquivo visual beduíno, 2014)
Este proxecto fotográfico de Miki Kratsman pretende visibilizar as violacións dos dereitos humanos sufridas polas comunidades beduínas do Néguev-Naqab e darlles voz ás súas historias silenciadas e ás súas reivindicacións sobre o seu territorio. A través de fotografías, mapas e relatos, Kratsman crea un arquivo visual que busca mostrar unha historia silenciada, a das e dos beduínos que viviron nesta rexión desde antes da creación do Estado de Israel en 1948. Aínda que formalmente son cidadás e cidadáns israelís, a comunidade beduína de Néguev-Naqab ten unha longa e complexa relación coa rexión. Forma parte da minoría árabe palestina que permaneceu na Liña Verde de Israel despois de 1948 e segue a sufrir políticas de acoso, recolocación forzosa e expropiación de terras, particularmente quen reside en vilas non recoñecidos polo Estado.
