Obras
Sin título (Esto es peor) [Sen título (Isto é peor), 2024], Sin título (Qué valor!), [Sen título (Que valor!), 2024] e Sin título (Grande hazaña! Con muertos! [Sen título (Gran fazaña! Con mortos!), 2024]
Manuel Casimiro presenta tres acrílicos sobre reproducións de Los desastres de la guerra (Os desastres da guerra), de Francisco de Goya. Estas intervencións forman parte dun traballo máis amplo que Casimiro leva desenvolvendo desde 1974. Aínda que o concepto da forma ovoide naceu en 1968, esa figura, baleira de contido, evolucionou co tempo. Nos seus inicios, esas formas aparecían sobre fondos neutros, pero cos anos foron invadindo imaxes de obras mestras conservadas en museos. Neste caso, Casimiro interveu sobre Los desastres de la guerra, onde o símbolo ovoide se converte nun actor abstracto que forma parte do escenario de horror e sufrimento humano que debuxa Goya, un escenario que segue estando presente na historia da humanidade. O filósofo Jean-François Lyotard, nunha carta que lle escribiu a Casimiro en 1977, destacaba que o fascinante da súa obra era que non se centraba só no plástico, senón tamén no simbólico e narrativo, xa que eses ovoides funcionaban como estímulos para ler dunha forma nova e diferente a historia que as imaxes contan.
![<em>Sin título (Esto es peor)</em> [<em>Sen título (Isto é peor), 2024]</em><em>,</em> <em>S<em>in título (Qué valor!)</em></em>, [<em>Sen título (Que valor!), 2024]</em> e <em>Sin título (Grande hazaña! </em><em>Con muertos!</em><em> [Sen título (Gran fazaña! Con mortos!), 2024]</em>](/documents/34537211/34537412/Sin-titulo-Esto-es-peor.jpg/2973a223-e253-21f2-f1fd-d8befc89c1b7?t=1747200648428)