Artistas

Manuel Casimiro

Manuel Casimiro

A obra de Manuel Casimiro (1941, Porto, Portugal) abarca disciplinas coma a pintura, a escultura, a fotografía, o deseño e o cinema. Desde 1968, o seu traballo caracterízase por unha exploración do que poderiamos chamar un “misterio irónico”, enmarcado nun enfoque postestruturalista. Este misterio ten como eixe un símbolo que se repite constantemente na súa obra: o ovoide. Unha mancha que xera un baleiro na imaxe, un espazo no que a ollada pode escapar, desaparecer ou abstraerse. Segundo o propio Casimiro, este baleiro é coma un “actor” que pode representar o papel que a ou o espectador decida. Descríbeo como unha "apertura cara ao descoñecido", unha invitación para afondar e unha ferramenta para a reflexión, para baleirar a mente e meditar. A súa proposta busca provocar a ou o espectador, retalo a pensar, a reformularse o que ve e o que pensa. No seu traballo fúndense espazo e tempo para crear unha conexión entre o pasado, o presente e o futuro, nunha constante transformación que, segundo Casimiro, se converte en movemento cando as e os espectadores interpretan a imaxe, cando a pintura se reactiva no pensamento.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais