Obras
Paisaxe humana en Ucrania (2022)
En 2022, co estalido da guerra en Ucraína, Tizón viaxou ao país en varias ocasións para documentar o conflito e realizar labores humanitarios nas zonas máis afectadas. Durante a súa estancia, capturou as tres imaxes que agora se expoñen na Bienal de Pontevedra. Paisaxe humana en Ucrania (2022) mostra os devastadores efectos do bombardeo de Borodianka, unha das primeiras cidades atacadas polo exército ruso durante a guerra recente, o que destaca non só a destrución física, senón tamén o dano social e ambiental que estes conflitos provocan e que a miúdo é invisibilizado.

Paisaxe humana en Ucrania (2022)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais