Obras

Open World (Mundo aberto, 2025)

No marco da Bienal de Pontevedra, Yarema Malashchuk e Roman Khimei mostran unha peza coproducida en colaboración coa 36.ª Bienal de Artes Gráficas de Liubliana. É unha obra audiovisual que narra o regreso simbólico dun neno ucraíno ao seu barrio nunha cidade próxima á liña da fronte, destruído debido aos constantes bombardeos das forzas militares rusas. Agora vive coa súa familia no exilio e reencóntrase co seu antigo barrio a través do can-robot BAD-2. Coma se se tratase dunha escena dun videoxogo, o neno utiliza o robot para explorar virtualmente as rúas familiares e reconectar coas veciñas, veciños e amizades cuxas familias decidiron quedar. A peza reflexiona acerca do auxe de armas robot nas guerras e sobre como a tecnoloxía pode converterse nunha canle para a reconexión emocional e espacial, e tamén subliña a resiliencia das comunidades separadas pola guerra.

<em>Open World</em> (Mundo aberto, 2025)
Open World (Mundo aberto, 2025)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais