Obras

La felicidad de la vida privada (A felicidade da vida privada, 2025)

Na Bienal de Pontevedra, Miki Leal presenta dous corpos de obra que, aínda que se mostran en espazos distintos, comparten unha mesma intención de imaxinar un mundo mellor, máis amable. Reunidas baixo o título La felicidad de la vida privada  (A felicidade da vida privada, 2025), as obras compóñense dun conxunto de cerámicas que sosteñen plantas e dun par de pinturas que remiten, desde o simbólico, ao xénero da paisaxe. Nos últimos anos, a cerámica adquiriu un papel esencial na práctica de Miki Leal, non só pola súa proximidade ao manual e artesanal, senón pola súa capacidade de conectar co cotián e con certas referencias afectivas ligadas ao seu contexto persoal, ao uso do azulexo en Sevilla, a súa cidade natal. As cerámicas dialogan de maneira sutil co traballo de Miki Kratsman coas que comparten espazo, e cuxas fotografías documentan territorios marcados pola violencia, pola demolición de vivendas beduínas. Con todo, nesas imaxes hai algo que permanece: as plantas, os xardíns, as árbores. Coma se no medio da devastación o vexetal se resistise a desaparecer. Se Kratsman mostra a paisaxe como rastro de perda, Leal constrúea como desexo, como posibilidade. Ambos os artistas, desde lugares moi distintos, sinalan como mesmo o máis fráxil ―unha planta, un xardín improvisado― pode converterse en signo de resistencia, de memoria ou de futuro. Como extensión, as pinturas de Leal non documentan paisaxes reais, senón que as inventan, superpoñen recordos e referencias para construír escenas ambiguas que funcionan máis como atmosferas que como representacións. Nese xogo entre o falso e o posible, Leal non busca fidelidade, senón unha forma de abrir o mundo a novas lecturas.

<I>La felicidad de la vida privada</I>  (A felicidade da vida privada, 2025)
La felicidad de la vida privada (A felicidade da vida privada, 2025)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais