QUEN SOMOS

A Bienal de Arte de Pontevedra é un evento organizado pola Deputación de Pontevedra; en concreto, a través do Museo de Pontevedra desde 1991.

O museo, fundado en 1927 por iniciativa da Deputación, é unha institución cultural de recoñecido prestixio tanto polo seu labor investigador coma pola relevancia e heteroxeneidade dos seus fondos: pintura, escultura, fotografía, mobiliario, cerámica, fondos arqueolóxicos, etnográficos, documentais e bibliográficos. Actualmente conta con seis edificios situados no centro histórico da cidade.

Mediante a bienal promóvense, desenvólvense e difúndense os valores do Museo de Pontevedra en materia de arte contemporánea, xerando un diálogo enriquecedor cun dos museos cos fondos máis extensos de España, e ambos permítennos reflexionar de maneira permanente acerca da historia e da contemporaneidade, creando sinerxías inesperadas e enriquecedoras. Os edificios do museo están entre as principais sedes da Bienal de Pontevedra.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais