PRESENTACIÓN

A Bienal de Arte de Pontevedra é a bienal de arte contemporánea máis antiga de España.

Fundada en 1969 como certame de arte local, gozou dun rápido desenvolvemento durante a década dos oitenta e afianzou o seu status internacional a partir de 1990.

Ao longo dos anos noventa a Bienal de Pontevedra consolidouse como un evento artístico de prestixio nacional, que adaptou o seu formato para fomentar o crecemento dunha mostra que se converteu nunha cita obrigada dentro do circuíto da arte contemporánea española. A partir do ano 1998 comezou unha fase de apertura internacional, con comisariados de referencia na escena artística europea, e cuxa temática se abriu ao diálogo e á reflexión para alén das nosas fronteiras.

En xuño de 2025, tras quince anos de ausencia, regresa como un evento cultural internacional que busca celebrar a arte e fomentar o diálogo sobre a cultura contemporánea.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais