A NOSA MISIÓN

Xerar reflexión e debate sobre o mundo contemporáneo

Celebrando un evento cultural centrado na arte contemporánea con vocación internacional que fomenta o pluralismo de expresións. Un espazo dinámico e en continua transformación dedicado á creación artística e á análise crítica.

Impulsar o desenvolvemento cultural local

Promovendo un proxecto artístico sólido e duradeiro que xunta tradición cultural e creación contemporánea, no cal se vincula estreitamente á comunidade e aos seus axentes culturais locais.

Promover a innovación e a experimentación artística

Revitalizando a vida cultural local mediante un acontecemento cultural que fomenta o diálogo interdisciplinario e que fai as e os cidadáns partícipes e embaixadores, e creando unha rede activa para o intercambio de experiencias no campo das artes e do pensamento contemporáneo.

Fomentar a inclusión e participación cidadá

Aumentando o sentimento de pertenza das e dos cidadáns cun espazo cultural común que ten a arte, a cultura e a creatividade como elementos distintivos.

Crear sinerxías e alianzas estratéxicas

Mediante o establecemento de vínculos culturais con outros eventos e institucións, promovendo a cooperación pública e privada e creando sinerxías entre eventos e institucións que apoian, desenvolven e difunden os valores da bienal.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais