Obras

Prison n5 (Cárcere n5, 2017)

Esta peza nace dunha situación límite, pois Zehra Doğan prodúcea durante o tempo que pasou no cárcere. Sen acceso a material artístico, coa axuda dunha amiga, comezou a crear unha serie de ilustracións no reverso do papel das cartas que recibía. Este proxecto, que se desenvolveu durante dous anos, documenta a súa experiencia no cárcere. Prison n5 é un testemuño da opresión e da loita pola liberdade, unha mostra da solidariedade que se constrúe nos espazos de resistencia. Demostra como, mesmo nas contornas máis restritivas, a arte pode servir como unha vía de escape, un medio para a supervivencia espiritual e unha conexión co mundo exterior.

<em>Prison n5 </em>(Cárcere n5, 2017)
Prison n5 (Cárcere n5, 2017)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais