Obras

Paloma de la Guerra (2018)

Esta instalación de Pilar Albarracín incorpora unha pomba disecada coas ás abertas e cunha bala da guerra civil española no seu pico. Establece unha relación directa co simbolismo da pomba da paz de Picasso, pero tamén coa persistencia da violencia bélica. Esta ave, que tradicionalmente representou a esperanza e o renacemento, convértese nun emblema da morte, ao evocar o paradoxo da guerra e o sufrimento humano. A obra dialoga co legado de Picasso e coa súa famosa pomba, e revela o equilibrio entre vida e morte en toda a súa fraxilidade. As dúas pezas de Albarracín, Paloma de la Guerra e El origen de la nada, estenden o legado de Guernika ao século xxi e mostran a vixencia da denuncia da violencia e a continua necesidade de lembrar os horrores da guerra para salvagardar o dereito á paz. Ambas as pezas de Albarracín foron un encargo do Museo Picasso de París con motivo da conmemoración do centenario do bombardeo de Guernika e expoñen unha reflexión sobre os ataques a poboación civil que a día de hoxe continúan sendo inevitables.

<em>Paloma de la  Guerra</em> (2018)
Paloma de la Guerra (2018)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais