Artistas

Pilar Albarracín

Pilar Albarracín

Pilar Albarracín (1968, Sevilla) é unha das figuras fundamentais na renovación das linguaxes artísticas que se produciu en España a partir dos anos noventa. A súa obra, cargada de simbolismo e resultado dunha profunda análise da identidade e das problemáticas sociais, afástase das formas tradicionais da pintura e da escultura e incorpora a fotografía, o vídeo, a instalación e o espectáculo como medios para interrogar sobre a cultura, o xénero e a desigualdade. A través do humor e da ironía, as súas pezas exploran as complexidades do ser e a súa relación co mundo, defendendo unha modernidade que derruba fronteiras xeográficas, sociais, relixiosas e de xénero. Neste contexto, o folclore, a relixión e a dualidade entre a vida e a morte entrelázanse para tecer unha reflexión sobre os límites e as tensións da nosa existencia.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais