Obras
Great Compassionate Love - The Trauma of Others (Grande amor compasivo - O trauma dos demais, 2024)
Este tríptico fotográfico de Wang Guangyi reflexiona sobre a guerra e as súas consecuencias. Nesta peza, o artista aborda a poética do sufrimento e a transcendencia, inspirándose en obras coma Los desastres de la guerra (Osdesastres da guerra)de Goya e a análise de Susan Sontag en Regarding the Pain of Others (Ante a dor dos demais). Wang non busca só conmover as e os espectadores, senón tamén convidar a unha reflexión profunda sobre o sufrimento humano e como as imaxes da dor poden provocar unha resposta ética e compasiva, máis alá do visual. O seu traballo fainos pensar sobre o papel da arte en tempos de crises e sobre como pode ser unha ferramenta para redescubrir a nosa humanidade, máis alá dos sistemas que nos dividen.
