Artistas

Wang Guangyi

Wang Guangyi

Wang Guangyi (1957, Harbin, China) é un dos artistas máis importantes da China contemporánea, referente da renovación da arte chinesa durante os anos oitenta. A súa serie Great Criticism (Gran crítica, 1990-2007), que lle supuxo recoñecemento internacional, combina un realismo crítico con elementos do pop. Cunha forte dimensión política e social, e a partir da súa experiencia persoal no contexto chinés ―onde a historia recente se ve marcada pola revolución cultural e pola expansión do mercado capitalista―, Wang Guangyi confronta dous mundos aparentemente opostos: a estética revolucionaria do seu país e a imaxe cegadora do capitalismo occidental para reflexionar sobre as tensións entre ideoloxía e capitalismo. Nas súas pinturas cuestiona tanto os sistemas ideolóxicos coma as estratexias de manipulación do poder a través da propaganda e a publicidade, e utiliza a imaxe non só como unha representación, senón como unha ferramenta para transformar a percepción da realidade e cuestionar os sistemas que a controlan. Con todo, o seu traballo non se reduce a un simple "pop político chinés", como advirte o biógrafo Demetrio Paparoni, xa que os seus intereses van máis alá. A obra de Wang está influenciada pola filosofía occidental e explora temas coma a transcendencia e a fe, que xogan un papel central no seu traballo.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais