Obras

Faith (Fe, 2015)

En forma de instalación de tres pantallas, esta peza observa de preto as oracións matutinas dun xudeu ortodoxo (Michael Cohen, da tradición breslava), un cristián ortodoxo grego (pai Issa Thaljieh, da igrexa da Natividade) e un musulmán sunnita (Feras Kazaz, lector do Corán na mesquita de Al-Aqsa). Afastándose das zonas en conflito que hoxe conforman Xerusalén, a artista sitúa os seus suxeitos no deserto de Xudea, un lugar de gran significado para as tres relixións abrahámicas: o canón de Qumrán (onde se descubriron os rolos xudeus do Mar Morto), Wadi Qelt (onde se acharon as covas dos primeiros cristiáns) e Nabi Musa (ruta de peregrinación á Meca). Cunha cinematografía tranquila e precisa, na que alterna distancia e proximidade, Isabel Rocamora capta os xestos e as voces rituais dos suxeitos no tempo e no espazo.  Ao mesmo tempo, o tríptico resalta as similitudes e celebra as diferenzas entre as tres relixións e convídanos a cuestionar os límites da identidade étnica e territorial. Con esta obra, Rocamora chámanos a reflexionar sobre un dos conflitos máis sufridos e resoantes que persisten neste século ao propoñer unha contemplación sobre a fe, a conexión humana e a posibilidade de superar as divisións que nos separan. A  pesar das nosas diferenzas, compartimos unha esencia, un valor e un espazo comúns.

<em>Faith</em> (Fe, 2015)
Faith (Fe, 2015)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais