Artistas

Isabel Rocamora

Isabel Rocamora

O traballo da artista e cineasta británico-española Isabel Rocamora (1968, Barcelona) sitúase na intersección entre a arte contemporánea e o cinema. A súa metodoloxía de creación emprega o xesto humano para cuestionar o vínculo que nos une á terra e á historia en legados de trauma. Rocamora parte dos problemas da nosa contemporaneidade para explorar cuestións coma a identidade feminina, o conflito bélico e a segregación étnica e relixiosa.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais