Obras

El origen de la nada (A orixe da nada, 2017-2018)

Pilar Albarracín continúa a súa reflexión sobre os horrores da guerra, utilizando o vídeo como medio para transmitir o sufrimento das vítimas civís. A través da imaxe de pombas brancas atrapadas nunha rede, acompañadas polo son aterrador dos bombardeos e disparos, a artista subliña a agonía e o dor consecuencia dos conflitos bélicos. A rede que atrapa as aves remite a unha sensación de desesperanza e o son da violencia evoca as matanzas de civís, coma as de Guernika. A obra de Albarracín réndelle homenaxe ao mural antibelicista de Picasso e reinterprétao; ademais, mantén a súa relevancia como un poderoso símbolo de paz que continúa resoando na arte contemporánea. As dúas pezas de Albarracín, Paloma de la Guerra e El origen de la nada, estenden o legado de Guernika ao século xxi e mostran a vixencia da denuncia da violencia e a continua necesidade de lembrar os horrores da guerra para salvagardar o dereito á paz. Ambas as pezas de Albarracín foron un encargo do Museo Picasso de París con motivo da conmemoración do centenario do bombardeo de Guernika e expoñen unha reflexión sobre os ataques a poboación civil que a día de hoxe continúan sendo inevitables.

<em>El origen de la nada</em> (A orixe da  nada, 2017-2018)
El origen de la nada (A orixe da nada, 2017-2018)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais