Obras
Cerro Muriano, frente de Córdoba, 5 de septiembre 1936 (Cerro Muriano, fronte de Córdoba, 5 de setembro 1936); Santa Eulalia, frente de Aragón, agosto 1936 (Santa Eulalia, fronte de Aragón, agosto 1936); Madrid, noviembre-diciembre 1936 (Madrid, novembro-decembro 1936); e Barcelona, agosto 1936
A Bienal de Pontevedra presenta catro fotografas de Robert Capa pertencentes á colección do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e atribuídas a André Ernö Friedmann, as cales evidencian o seu enfoque innovador na fotografía de guerra. Como sinala o seu biógrafo Richard Whelan e remarca Susan Sontag na súa análise da fotografía de guerra, Capa centrou a súa obra tanto nas escenas de combate coma nas vítimas, o que permitiu un novo enfoque sobre os efectos humanos e físicos da contenda. Así, mostrounos unha forma distinta de percibir a guerra ao poñer o foco en quen padece as súas consecuencias e convidar as e os espectadores a empatizar coa dor allea. A guerra civil española, a través da súa lente, convértese no primeiro conflito documentado desde unha perspectiva moderna, con imaxes que non só captan as accións militares, senón tamén o sufrimento das vilas bombardeadas.
