Obras

Todo comenzó como un sueño (Todo comezou como un soño, 2025)

As pezas que Carlos Bunga presenta na Bienal de Pontevedra abordan unha reflexión profunda sobre a vida nómade, a comunidade e o proceso de aprendizaxe en contextos de resistencia. Neste vídeo rescata a experiencia do proxecto da Ciudad y Circo de los Muchachos de Benposta, unha cidade-circo autoxestionada en Galicia que, en plena Ditadura franquista, se alzou como unha forma de resistencia cotiá. Lonxe de idealizar o pasado, o vídeo reconstrúe fragmentos de memoria colectiva para visibilizar como, mesmo en contextos autoritarios, florecen prácticas comunitarias que apostan polo apoio mutuo e pola educación participativa. Cunha montaxe veloz e próxima, Bunga evoca o espazo físico do circo e da cidade e tamén articula unha crítica aos modelos educativos hexemónicos para reivindicar sistemas onde nenas e nenos, mozas e mozos, toman decisións e se forman colectivamente. As voces utópicas que acompañan a peza son un recordatorio de que a pedagoxía emancipadora non é unha utopía afastada, senón unha posibilidade política concreta.

<em>Todo comenzó como un sueño</em> (Todo comezou como un soño, 2025)
Todo comenzó como un sueño (Todo comezou como un soño, 2025)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais