Obras
The Immigration (A inmigración, 2024)
Na Bienal de Pontevedra, Raida Adon presenta dúas pinturas que abordan directamente o sufrimento causado polo conflito. Gaza (2024) e The Immigration (A inmigración, 2024), creadas durante o seu exilio en París, reflicten a realidade da diáspora palestina e a devastación da guerra. En The Immigration, a artista afonda na dor do desprazamento e na perda do fogar, temas recorrentes na experiencia palestina. Ambas as pezas cuestionan as estruturas de poder dominantes e evidencian unha loita constante pola xustiza e pola dignidade nun contexto marcado pola violencia.

The Immigration (A inmigración, 2024)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais