Artistas

Olafur Eliasson

Olafur Eliasson

O traballo de Olafur Eliasson (1967, Copenhague, Dinamarca) caracterízase polo seu interese na percepción, no movemento e nas sensacións físicas e en como estes elementos lle afectan á nosa forma de vivir e entender o mundo. Influenciado pola súa experiencia de vida en Islandia, o seu traballo mostra unha preocupación pola natureza, por como percibimos e lle damos sentido á nosa contorna, usando a luz e a perspectiva para transformar os espazos. As súas instalacións convidan as e os espectadores a interactuar, a moverse dentro delas e a tocalas, o que converte a observación en participación. Isto esvaece os límites entre a obra de arte e a súa audiencia, e crea momentos de reflexión que nos convidan a cuestionar o noso impacto no mundo e no medio.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais