Artistas
O traballo de Idoia Cuesta (1969, San Sebastián) sitúase no cruzamento entre a artesanía, a arte contemporánea e a investigación sobre as formas e a materia. A súa formación en bioloxía marcou o inicio dunha mirada analítica que soubo trasladar á súa práctica artística. Comezou a súa aprendizaxe en Técnicas Téxtiles no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo para, máis adiante, introducirse na cestería e desenvolver unha linguaxe propia a partir de materiais naturais e procedementos tradicionais. Establecida no rural de Galicia, o seu traballo aliméntase da contorna inmediata. As súas pezas, sempre elaboradas con fibras sostibles, funcionan como ferramentas para repensar o corpo, o territorio e a memoria. Nelas, o xesto de trenzar, anoar ou envolver adquire unha dimensión simbólica e política.