Artistas
Hans Haacke (1936, Colonia, Alemaña) é unha figura fundamental dentro da arte conceptual. Recoñecido como un pioneiro e destacado expoñente da crítica institucional, Haacke situouse nos anos sesenta como unha figura central na reflexión sobre as estruturas que configuran o mundo da arte e o seu vínculo cos intereses de poder. A súa obra pon en cuestión as relacións entre arte, poder e institución, recorrendo a disciplinas externas á arte, coma a socioloxía ou a economía, e integrando os seus arquivos, informes, enquisas ou outros materiais de acceso público no seu proceso artístico para denunciar a manipulación política e económica, a corrupción empresarial e as inxustizas sociais.