Artistas

Francesc Torres

Francesc Torres

Francesc Torres (1948, Barcelona) é un dos artistas máis complexos da escena contemporánea. Desde as súas primeiras incursións na arte conceptual catalá dos anos setenta, explorou a intersección entre a política, a memoria histórica e as estruturas de poder e cuestionou de maneira permanente o papel da arte como axente de cambio social. Torres foi pioneiro no uso da videoarte e da instalación multimedia, pero o seu traballo esténdese tamén a medios coma a escultura e a fotografía. A súa obra expón unha crítica feroz ás formas de manipulación mediática e política que configuran a realidade do presente. As súas instalacións funcionan como lugares de resistencia, onde as imaxes e os obxectos se poñen ao servizo dunha transformación radical, cuestionando as normas sociais e políticas que constrúen o imaxinario colectivo.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais