Artistas

Dagoberto Rodríguez

Dagoberto Rodríguez

Dagoberto Rodríguez (1969, Caibarién, Cuba) foi un dos fundadores do colectivo artístico cubano Los Carpinteros, xunto a Alexandre Arrechea e Marco Antonio Castillo. O grupo, activo entre 1992 e 2018, fíxose coñecido por rachar barreiras entre disciplinas coma o deseño, a arquitectura, a escultura e a instalación, cunha carga crítica e irónica sobre a realidade sociopolítica cubana. Los Carpinteros contaban como se vivía en Cuba durante eses vinte anos previos á visita de Obama en 2016. Desde que emprendeu a súa carreira en solitario, Rodríguez dedicouse á pintura, sen deixar de lado o seu interese pola instalación e pola súa particular linguaxe simbólica. A súa obra segue marcada polo compromiso político e polo que el mesmo define como “activismo poético”, no que o humor segundo di, un mecanismo de defensa herdado da vida en Cuba convive con temas duros coma a guerra, a migración ou o cambio climático. Non busca dar respostas, senón provocar que a xente pense, e a súa misión como artista, di, é crear “escenarios poéticos” desde os que contar as historias doutro xeito.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais