Obras

CASA TOW (Casa remolque, 2018), Tanque Ruso I (2022), Tanque Ruso IV (2022), Marte (2023), Litoral Havana Refugee Camp (Campo de refuxiados do litoral da Habana, 2025) e Rohinya Refugee Camp (Campo de refuxiados ruaingas, 2025)

O enfoque conceptual e comprometido define a participación de Dagoberto Rodríguez na Bienal de Pontevedra, onde expón en dúas sedes: o Museo de Pontevedra e a Fundación Manuel Moldes. A súa proposta vira ao redor da violencia da guerra, eixe central desta edición da bienal. A través de obras coma os seus tanques rusos pintados, Rodríguez alude directamente á invasión de Ucraína, aínda que a súa mirada se estende a moitos outros conflitos que desmenten a idea de que vivimos en tempos de paz. Tamén denuncia outras guerras menos visibles, coma a que se sofre nos campos de refuxiados ruaingas en Bangladesh, o maior asentamento deste tipo no mundo, reflectido en Rohingya Refugee Camp (Campo de refuxiados ruaingas, 2025). Outras pezas, coma Litoral Havana Refugee Camp (Campo de refuxiados do litoral da Habana, 2025), trasladan esa precariedade á súa propia Cuba, nunha elocuente acuarela cargada de ironía. En Marte (2023), o clásico deus romano da guerra aparece cun kalásnikov, símbolo das guerras do século xx, que o artista usa para ridiculizar os discursos heroicos do poder. E, na instalación mural CASA TOW (Casa remolque, 2018), transforma un mísil estadounidense usado en múltiples conflitos de Oriente Medio nun fogar ambiguo, cargado de medo, violencia e desarraigamento. Do mesmo xeito que o filósofo Rob Riemen, Rodríguez parece pensar que a guerra non só se libra nos campos de batalla, senón tamén no interior do ser humano. Unha loita entre a coraxe e a dignidade, ou a indiferenza e a submisión ante os poderes que perpetúan a violencia.

<em>CASA TOW</em> (Casa remolque, 2018), <em>Tanque Ruso I</em> (2022), <em>Tanque Ruso IV</em> (2022), <em>Marte</em> (2023), <em>Litoral Havana Refugee Camp</em> (Campo de refuxiados do litoral da Habana, 2025) e <em>Rohinya Refugee Camp</em> (Campo de refuxiados ruaingas, 2025)
CASA TOW (Casa remolque, 2018), Tanque Ruso I (2022), Tanque Ruso IV (2022), Marte (2023), Litoral Havana Refugee Camp (Campo de refuxiados do litoral da Habana, 2025) e Rohinya Refugee Camp (Campo de refuxiados ruaingas, 2025)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais