Artistas

Almudena Fernández Fariña

Almudena Fernández Fariña

Almudena Fernández Fariña (1970, Vigo) aborda a pintura desde unha perspectiva aberta, entrelazada cos espazos que a acollen, non só en termos estéticos, senón tamén sociais e antropolóxicos. A súa obra caracterízase por unha procura constante de novos límites, ao combinar técnicas diversas e explorar a relación entre a pintura, a fotografía, a ensamblaxe e os obxectos atopados. Esta interdisciplinariedade permítelle cuestionar as xerarquías convencionais dos procesos artísticos, á vez que subliña o seu interese polo ornamental. A repetición e acumulación de tramas, motivos e símbolos no seu traballo, que a miúdo se organizan ao redor da escritura e da costura, remiten ao ámbito doméstico e a unha visión máis íntima e laboriosa da creación.

Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais