Conversas con Artistas

02 xul
20 h
No antigo convento de Santa Clara
Conversas con artistas

Máis que conferencias formais, este ciclo céntrase en encontros de escoita e diálogo que nos permiten coñecer as motivacións, os contextos e as linguaxes de quen lle dá forma a esta edición. Un ciclo que convida a pensar colectivamente, a deternos no que non sempre se ve e a activar novas formas de relación entre a arte, a palabra e o público. 

Este primeiro encontro contará coa participación da artista Carmen Hermo, acompañada polo comisario e xornalista Antón Castro, quen actuará como moderador da conversa.