Obras

Gaza (2024)

Na Bienal de Pontevedra, Raida Adon presenta dúas pinturas que abordan directamente o sufrimento causado polo conflito. Gaza (2024) e The Immigration (A inmigración, 2024), creadas durante o seu exilio en París, reflicten a realidade da diáspora palestina e a devastación da guerra. Gaza captura o impacto da violencia e a limpeza étnica na rexión, tomando como referencia imaxes da fame negra, do desprazamento e da desposesión. A obra dálles voz ás vítimas do conflito, particularmente ás mulleres e ás nenas e nenos palestinos, e visibiliza as cicatrices físicas e emocionais que a guerra deixa ao seu paso.

<em>Gaza</em> (2024)
Gaza (2024)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais