Obras
Flores heroicas/Lirios (2021)
Para a igrexa gótica de Santa Clara, Marina Núñez deseñou unha instalación-retablo nun muro lateral que aínda conserva as pegadas dun antigo retablo barroco. No nicho central proxéctase o vídeo Flores heroicas/Lirios (2021), que lembra as batallas épicas da pintura clásica, pero protagonizadas por flores que loitan entre si e resisten os embates da vida. Esta obra tamén é unha homenaxe ás mulleres de épocas pasadas, que non podían pintar temas heroicos e eran relegadas a xéneros menores, coma o das flores. Arredor desta atópase Soñar o que te sueñen (Soñar ou que te soñen, 2025), unha peza que se estende polos catorce nichos do retablo.
