Artistas

Norberto Olmedo
A obra de Norberto Olmedo (1962, Pontevedra) aborda temas coma a vida, a morte, a memoria e os conflitos sociais. O seu traballo está influenciado pola fotografía, xa que no edificio veciño á casa na que creceu había un laboratorio fotográfico ao que el adoitaba acudir, fascinado polos retratos que atopaba alí. Esta conexión coa fotografía, punto de partida da súa experimentación artística, reflíctese no ton documental e no compoñente social da súa pintura.