Obras

Cadáveres de presos muertos en los bombardeos de la OTAN contra la cárcel de Istok (Cadáveres de presos mortos nos bombardeos da OTAN contra o cárcere de Istok, 2010)

Simeón Saiz Ruiz aborda directamente a violencia dos conflitos bélicos, neste caso, os dos Balcáns. Utilizando fotografías tomadas dos medios de comunicación, a obra non ofrece unha representación directa dos feitos, senón que se centra nas imaxes que circularon na prensa e na televisión, e cuestiona como estas foron recibidas polo público. Saiz Ruiz non só se pregunta quen matou os soldados, senón tamén como convivimos con estas imaxes de violencia.Esta reflexión conéctase coas ideas de Susan Sontag en Regarding the Pain of Others (Ante a dor dos demais), onde se aborda o impacto das imaxes de sufrimento na conciencia colectiva e como, a pesar do horror que representan, se converten en parte da rutina visual, o que desensibiliza as e os espectadores.

<em>Cadáveres de presos muertos en los bombardeos de  la OTAN contra la cárcel de Istok</em> (Cadáveres de presos mortos nos  bombardeos da OTAN contra o cárcere de Istok, 2010)
Cadáveres de presos muertos en los bombardeos de la OTAN contra la cárcel de Istok (Cadáveres de presos mortos nos bombardeos da OTAN contra o cárcere de Istok, 2010)
Volver a ser humanos.
Ante a dor dos demais