Artistas

Sandra Cinto
A obra de Sandra Cinto (1968, Santo André, Brasil) abarca debuxo, pintura, escultura e instalación. O debuxo, como linguaxe primordial, evoluciona cara a instalacións que fusionan arquitectura, xesto e narrativa; escenarios complexos que evocan mares turbulentos, tormentas violentas e ceos celestes, que a miúdo se vinculan coa arquitectura circundante, e que desorientan as e os espectadores ao crear unha atmosfera entre o fantástico e o real. Influenciada polo zen e polo baleiro, Cinto aborda a fraxilidade humana, a memoria e a nostalxia, e convídanos a unha viaxe emocional onde a obra se converte nun espazo de reflexión sobre a sociedade, a política e as experiencias da vida cotiá.