Artistas

Natee Utarit
Natee Utarit (1970, Bangkok, Tailandia) é un dos artistas máis destacados do sueste asiático. A súa obra, que fusiona a mitoloxía tailandesa, tradicións populares e temas políticos de actualidade, establece un diálogo entre os xéneros e símbolos da pintura europea e as raíces culturais do seu país natal. Como moitos das e dos artistas tailandeses da súa xeración, Utarit estuda a historia da arte occidental, pero pronto comeza a cuestionar os símbolos e as iconografías mitolóxicos e relixiosos que dominaron ese legado. A través de xéneros clásicos coma o retrato, a paisaxe, a natureza morta e a pintura histórica, o artista reflexiona sobre as estratexias visuais herdadas de Occidente para abordar diversas cuestións, entre elas, a identidade, a autenticidade e a mestizaxe cultural. Nunha época, o noso presente, que podemos considerar "postoccidental", Utarit constrúe un estilo persoal que busca xerar unha voz propia dentro dos códigos impostos pola mirada eurocéntrica.